O efecto do balon
É comun no futbol que cando se golpea o balon, este durante
o voo curva a súa traxectoria. Isto non pode ser? Un obxecto sobre o que non se
está exercendo unha forza ten que seguir un movemento rectilíneo.
Por tanto concluímos que ese balón virando está a ser
empuxado por algo, e o único que hai ao seu ao redor é o aire.
É dicir que non é necesario que haxa unha corrente de aire,
senón a que o movemento dese balón no aire provoca unha forza sobre este que desvía
a súa traxectoria. O elemento común dos tiros con efecto é que a pelota vai
virando sobre se mesma. Ao virar segundo desprázase, o aire pasa con máis
rapidez por un dos lados que polo outro.
Polo comportamento dos fluídos sabemos que cando o aire circula
máis rápido hai un descenso da presión, entón temos que a presión ao carón do
balón é menor que ao outro, así que o balón moverase lateralmente cara a ese
lado.
Se o xiro que se lle fai á pelota no canto de ser lateral é
cara arriba ou cara abaixo teremos o común efecto ?liftado? do tenis, onde se
aprecia que a pelota baixa demasiado rápido: esta curvando a súa traxectoria
cara abaixo.
Este Efecto Magnus é o que se produce por iso se describira
acontinuacion.
Efecto Magnus
O efecto Magnus, denominado así en honra ao físico e químico
aleman Heinrich Gustav Magnus(1802-1870), é o nome dado ao fenómeno físico polo
cal a rotación dun obxecto afecta á traxectoria do mesmo a través dun fluído,
en particular, o aire. É produto de varios fenómenos, incluído o principio de Bernoulli
o cal describe o comportamento dun fluído moviendose ao longo dunha corrente e
o proceso de formación da capa limite no fluído situado ao redor dos obxectos
en movemento. Este efecto foi descrito por primeira vez polo físico alemán
Heinrich Gustav Magnus en 1853
Un obxecto en rotacion crea un remolino de aire ao seu ao
redor. Sobre un lado do obxecto, o movemento do remolino terá o mesmo sentido
que a corrente de aire á que o obxecto está exposto. Neste lado a velocidade
incrementarase. No outro lado, o movemento do remolino prodúcese no sentido
oposto á da corrente de aire e a velocidade verase diminuída. A presión no aire
vese reducida desde a presión atmosférica nunha cantidade proporcional ao
cadrado da velocidade, co que a presión será menor nun lado que noutro,
causando unha forza perpendicular á dirección da corrente de aire. Esta forza
despraza ao obxecto da traxectoria que tería se non existise o fluído.
A miúdo faise referencia a este efecto á hora de explicar
movementos estraños pero comunmente observados en deportes que fan uso de bólas
e pelotas en rotación. No fútbol, este efecto é responsable da chamada
"corda", en lugares cunha altura considerable sobre o nivel do mar
este efecto é notablemente menor, dando por resultado o famoso "a pelota
non dobra".
No hay comentarios:
Publicar un comentario