jueves, 18 de febrero de 2016

Fisica no tenis. Como cambiaron as raquetas.

Cando miramos o tenis actual, e se un tivo a oportunidade de mirar algún vídeo de Vilas (ou calquera partido de hai 30 anos), inmediatamente dámosnos/dámonos conta que as raquetas daquel entón son bastante distintas das actuais, polo menos en varios aspectos vitais. A raqueta moderna posúe un aro de maior lonxitude e superficie de encordado, moito máis liviá e moito menos flexible, feita de materiais plásticos reforzados, e nalgúns casos un par de centímetros máis longa. Un pode ver xogadores xuvenís pegándolle con gran potencia e soltura, o que nos fai notar que o estilo dos golpes do tenis tamén cambiou en todos estes anos. O estilo clásico, suave e fluído que se observaba entre as décadas de 50 e do 70 do século pasado, foi substituído por un estilo de xogo que salienta a potencia desde a linea de base e a habilidade de conseguir un tiro gañador desde o fondo da cancha en calquera momento en que o contrario quedou mal situado ou que o xogador recibe un tiro medianamente curto por parte do rival.  É posible que os cambios na mecánica do golpe sexa resultado directo dos cambios na tecnoloxía das raquetas, ou os golpes evolucionaron independentemente dos cambios nas raquetas ?. Neste post imos tratar de dilucidar como a nova tecnoloxía das raquetas permitiu aos xogadores modificar a maneira en que lle pegan á pelota.

As raquetas "de antes" :

A vella raqueta de madeira que usaban os xogadores ata terminada a década de 1970, pesaba entre 400 e 450 gramos, tenia un balance neutro e un aro de tamaño pequeno en superficie. Debido ás limitacións estruturais da madeira, para fabricar unha raqueta o suficientemente liviá que se poida usar con comodidade, o marco non podía ser moi groso, o cal resultaba nun grao maior de flexibilidade, especialmente preto da punta da raqueta. Ademais, a relación Forza-Peso da madeira, obrigaba a construír unha cabeza de raqueta pequena  para permitir encordar cunha tensión razoable.

As raquetas "de agora" :

As raquetas modernas están moldeadas en grafito reforzado (nalgúns casos con materiais en grao sumo estrafalarios), un peso que rolda os 300 gramos e podendo ser de cabeza liviá ou pesada. É posible mesmo construír raquetas de 200 gramos, e de todos os xeitos que sexa cun aro "oversize" e cuxa durabilidad e resistencia sexa por demais suficiente.





No hay comentarios:

Publicar un comentario